IniciosociedadeXove promove o uso do galego en novas empresas cunha campaña dirixida...

Xove promove o uso do galego en novas empresas cunha campaña dirixida por Xacio Baño

Seis emprendedores xovenses participan nos vídeos promocionais, dirixidos polo director de 'Trote'

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro mércores preséntase a campaña impulsada polo Concello de Xove para promover o uso do galego na actividade empresarial, Xoveemprende en Galego.

Trátase dunha serie de vídeos gravados polo director de cine Xacio Baño, que compaxinou a realización da campaña coa promoción da súa longametraxe ‘Trote’.

Os protagonistas das montaxes son seis emprendedores xovenses que elixiron a lingua propia para iniciar os seus proxectos profesionais, en diferentes eidos.

Nacho Rodríguez de Evox Vertical, Fabián Ben de Emarela, o topógrafo Samuel Míguez, a consultora Lucía Canoura, o peixeiro Iván Rodríguez e Marta Louzao, de Centro Estética Marta, responden a diferentes preguntas sobre o uso da lingua nos seus negocios.

Seis emprendedores e emprendedoras de Xove protagonizan os vídeos da campaña

Cres que se alguén che fala castelán no teu negocio, ti debes falarlle castelán ou que é correcto falarlle en galego se o entende perfectamente? Por que cres que moita xente nesta situación cambia de idioma pasando ao castelán? Empregas o galego nas túas redes sociais? Son algunhas das cuestións sobre as que reflexionaron estes novos empresarios que, o mércores, participarán na presentación dos vídeos canda Xacio Baño.

O acto, que se celebrará ás 20.30 horas no Salón de Actos,  tamén contará coa participación de Paula Patiño, de Cambre, que explicará a súa experiencia como impulsora dunha empresa de marmeladas e conservas vexetais.

GALEGO E EMPRESA

A campaña, impulsada desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento, pretende difundir a cultura emprendedora e incrementar a conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións empresariais, laborais e comerciais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...